Quero ser unha árbore

Equipo: Anasa Paisaxismo Atlántico, Daniel Colino e Nuria Eguren

Quero ser unha árbore foi unha iniciativa levada a cabo no ano 2016 que buscaba concienciar aos habitantes da cidade da Coruña da necesidade de aumentar a superficie arbórea urbana. Nun momento no que un lugar tan emblemático da cidade estaba a sufrir unha enorme transformación co soterramento do tráfico rodado e a creación dunha enorme explanada de recreo carente de vexetación.

O proxecto

Obxectivo: poñer en valor a falta de árbores na cidade.

A idea: Estruturas que simulan as copas das árbores para facer pensar sobre a escaseza de árbores na cidade e concienciar sobre os beneficios que aportan á cidade e aos seus habitantes (sombra, biodiversidade, redución do efecto “illa de calor”). …).

O desenvolvemento: Deséñanse tres estruturas que representan as diferentes fases do desenvolvemento dunha árbore e que as distribúen en 12 farolas do Parrote aos que tamén se colocan uns vinilos con mensaxes que buscan concienciar aos peóns dos beneficios que xeran as árbores para o medio ambiente e ser humano.

Elaboraranse algúns vinilos cos seguintes slogans, aos que se engadirá un código QR que explica cada mensaxe.

# QUERO SER UNHA ÁRBORE # QUERO PURIFICAR O AIRE
# QUERO DAR SOMBRA # QUERO MARCAR AS ESTACIÓNS
# QUERO FLORAR # QUERO DARCHE FROITA # QUERO DISMINUIR O
RUÍDO # QUERO SOMBRATE # QUERO ACUBRIRTE
1TP5QUERE REDUCIR O ESTRÉS 1TP5QUERE CREAR BIODIVERSIDADE
# QUERO XERAR BENESTAR # QUERO QUE NON TE MOLLES
# QUERO CREAR VIDA # E TI, QUE QUERES?

As fases

As fases de implantación serán catro, para dar, deste xeito, unha maior sensación de dinamismo xa que pouco a pouco imos ir instalando as estruturas. Esta sensación aumentarase xa que ao facelo en catro fases de só tres elementos cada unha, permitirá que convivan máis dunha etapa en cada fase.

Fase 1

Na fase inicial só aparecerá un estadio, pero só con aparecer dará esa sensación de movemento. Ao mesmo tempo, instalaranse os seis primeiros vinilos
(Instalaranse de madrugada de mércores a xoves, creando ese efecto sorpresa no visitante).

Fase 2

Na segunda fase xa comezamos a mesturar os diferentes estadios deseñados, co que aumentamos esa sensación de dinamismo, ademais aumentamos o número de vinilos con máis vantaxes de ter árbores e vexetación nas cidades.
(Instalaranse de madrugada de xoves a venres, aumentando o efecto sorpresa do transeúnte).

Fase 3

Nesta terceira fase comezan a verse as “árbores” nun estado de desenvolvemento maduro e como isto levará a que ao día seguinte comece a aparecer un bosque consolidado.
Para instalar estas estruturas farémolo de madrugada de venres a sábado.

Fase 4

Nesta fase estaría rematada a instalación e deixaríase un día enteiro para proceder á súa desmontaxe á noite seguinte.
(Fase 4 instalación de madrugada de sábado a domingo. Desmontaxe, de domingo a luns)
Galego