Servizos

Apostamos firmemente polo deseño con solucións baseadas na natureza, a economía circular e os provedores de proximidade.

Paisaxismo

Abarcamos todo tipo de proxectos de paisaxismo e deseño de espazos verdes e interiorscaping. Desde a xardinería residencial e corporativa ata grandes espazos públicos. Ademais, participamos en proxectos de investigación de paisaxe, planos directores e calquera ámbito que poida estar relacionado coa paisaxe.

Dirección de obra

Seguimento e control de todas as fases de execución das obras de urbanización e axardinamento recoñecidas no proxecto.

Xestión de servizos de mantemento de obras

Elaboración de estudios, pliegos e participación en concursos de servizos de mantemento e obras para concellos e outros organismos oficiais.

Consultoría

Asesoramento técnico e paisaxístico en proxectos medioambientais, de arquitectura e urbanismo.

Un equipo de profesionais do paisaxismo e deseño de xardines

Cada proxecto implica un proceso creativo e produtivo que organizamos sistematicamente segundo as seguintes fases:

Recoñecer

Recoñecer, visitar e comprender a trama, estudando a súa relación co medio e a arquitectura.

Escoitar

Escoitar e comprender para orientar e dar solucións ás necesidades, gustos e inquedanzas de cada cliente.

Organizar

Organizar o espazo globalmente con criterios funcionáis, estéticos e ambientáis.

Plantexar

Propoñer un deseño detallado a todos os niveis (estudar as circulacións, accesos, cerramentos, zonas habitables, etc.)

Deseñar

Deseñar as instalacións necesarias para obter o máximo desfrute do espazo.

Executar

Xestión das obras de execución, supervisando cada unha das fases do proceso construtivo.

Supervisar

Seguimento posterior para supervisar a consolidación e evolución do xardín.

Galego

¿Quieres transformar tu espacio exterior?

Realiza tu consulta ahora

Contacta con nosotros y descubre cómo podemos diseñar el jardín o espacio al aire libre que siempre has soñado.