Quescrem

Castro Ribeiras de Lea
Ano: 2021
Deseño
48.976 m²
Categoría: Corporativo Privado
En progreso

Para este proxecto, o inmoble solicítanos a creación dunha zona verde na parte da parcela que estea en desuso.
As premisas que nos marcan dende a empresa son:
• Integración co medio ambiente,
• Hortas para empregados
• Espazo para a celebración de eventos corporativos.
• Accesibilidade universal
• Fácil mantemento
Por iso optouse por implantar un prado silvestre enriquecido con anuais para tratar de recuperar o solo afectado polas obras de construción do almacén. Este prado acompañará á senda principal que se executará en mestura de terra con cemento para dar estabilidade e firmeza a un camiño que terá como principal uso o peón e a bicicleta. Este carreiro conectará as hortas coa zona de eventos e a lagoa que se xerou polos movementos de terra que se realizaron durante a obra.
O esquema de plantación consistirá principalmente en plantas caducifolias (betulas, carpinus, fagus e crataegus) para dar sombra no verán e deixar pasar máis luz nos meses de inverno e favorecer a vida das aves. Ademais, plantarase unha mestura de anuais que favorezan a aparición de polinizadores e nas inmediacións da zona do evento plantarase unha herba máis ornamental que resista o pisoteo.

Equipo: ANASA Paisaxismo Atlántico e Paisaxea

Galego