Xardín en T&A

Ames
Ano: 2020
Deseño e dirección de obra
Superficie: 1280 m²
Categoría: Residencial Privada

O deseño do xardín desta vivenda unifamiliar baséase na necesidade de resolver os grandes desniveles da parcela, mellorando a accesibilidade desde o nivel inferior de acceso onde se atopa o garaxe, ata o nivel da planta superior onde se atopa a vivenda. Tamén se busca ampliar a superficie horizontal fronte ao soportal traseiro e permitir o acceso á parte alta da parcela a través de ramplas, onde se establecen as zonas habitables con vistas sobre a vivenda.
Mantéñense os castiñeiros e carballos existentes na parcela, desenvolvendo unha plantación con especies vexetais que crean sotobosque baixo as mesmas. Na parte traseira, entre as ramplas de acceso, as ladeiras cubriranse con conxuntos arbustivos existentes na serra galega, e que axuden coas súas raíces a reter o terreo.

EQUIPO: Anasa Paisaxismo Atlántico e Landark.

Galego