Casa Nordés
Ano: 2021
Deseño e dirección de obra
Superficie: 10.164 m²
Categoría: Corporativo Privado
A experiencia “Descubre Casa Nordés” na adega onde se elabora a xenebra Nordés, inclúe un percorrido tanto por dentro como por fóra da adega, onde participamos no deseño paisaxístico destes espazos.
O percorrido parte da Casa do fundador, para posteriormente visitar o viñedo e o invernadoiro onde se poden descubrir os elementos botánicos que forman parte da composición da xenebra.
A vexetación proposta acompaña cada espazo, adaptándose ao ambiente que se busca en cada parte do percorrido. Así, un grupo de arces e cornejos dános a benvida á chegada, dirixíndonos cara á viña e á pérgola onde nos dan a coñecer a uva albariño. Posteriormente, entre un souto de carballos, faias e bidueiros, achegámonos ao invernadoiro, para coñecer os botánicos empregados na elaboración do Nordés, a salvia, a verbena de limón, a menta ou o hibisco, que podemos descubrir nas terrazas a carón deste invernadoiro. .
Por último chegamos á entrada da adega, onde algunhas plantas herbáceas como a estipa, a verbena ou a sanguisorba e unha ladeira de breixo dannos cor e movemento nesta zona.
Equipo: ANASA Landscaping Atlántico e LANDARK Landscaping.